Estás preparad@ para facer videoxogos?
No Cetgavi estamos listos para axudarte en todo o que poidamos.
Qué ofrecemos?
Punto de Encontro
Para que os profesionais do sector en Galicia, teñan un lugar no que atoparse en poñer en común proxectos e ideas.
Transferencia de Tecnoloxía
Parte do noso traballo consiste en xerar proxectos que aporten valor o resto do tecido industrial galego.
Transferencia de coñecemento
Levar o coñecemento que xeramos no CTGV os centros de formación de Galicia, tanto universidades como centro de formación profesional e, en xeral, a calquera que o solicite.

O CTGV axúdache.
Queremos que o sector do videoxogo despegue en Galicia como xerador de talento, de oportunidades laborais e de valor para o conxunto da sociedade.
Apostamos polos equipos galegos de deseño
Defenderemos os vosos proxectos.
Axudámosvos tanto técnicamente como a sair fóra.
E sobre todo, pasaremolo ben.
Algúns números do CTGV
Queremos melloralos, axúdanos a conseguilo
Superficie m2
Estudios no CTGV
Proxectos
Patrocinadores
3 pasos para vir o CTGV
Planifica o teu proxecto de facer un videoxogo.
Crea un proxecto
Non chega con ter unha boa idea para facer un videoxogo, é preciso contar con un proxecto que poidas presentar e no que teñas en conta de que xeito vas a realizalo.
Fai un plantexamento dos custos
O proxecto debe ser realizable desde o punto de vista económico. Analiza todolos custos, e inclue esa información no proxecto.
O Equipo
Se tes un proxecto, unha estimación de gasto, agora so falta que teñas un súper equipo que confíen en tí e tí en eles.
A xente que está no CTGV
Estes son os que andan xa por aquí facendo algo.
Desde pequeño apasiado con los videojuegos y actualmennte programador de ellos, ¿qué mas se puede pedir?
Un gran paso para hacer de un sueño una realidad: Videojuegos como forma de vivir. Si me pinchas, sangro píxeles.
He dedicado la mayor parte de mi vida a los videojuegos. En cambio mi vocación siempre ha sido el dibujo. Ya es hora de unir mis dos pasiones en una.
Siempre he querido desarrollar propuestas que evolucionen en la forma de expresión dentro del videojuego, tanto en lo mecánico como lo narrativo.
Como sei se xa teño un proxecto suficientemente ben pensado para presentalo o CTGV
Hai varios xeitos de sabelo, un deles é preguntarte a ti mesm@ ¿se alguén me presentase este proxecto a min sen coñecerme de nada, apostaría por ese proxecto? Polo menos deberías de presentar un Documento de Diseño de Xogo (GDD) o mais completo posible e, otro documento, desglosando as necesidades económicas do mesmo.
¿Podo ir o CTGV a xogar?
Non, o CTGV é un centro industrial profesional para desenvolver videoxogos ou actividades profesionais vinculadas ó sector. Para xogar temos, moi preto, en Vigo, 3 Gaming Bar.
Non teño xente suficiente para un equipo de deseño, ¿qué fago?
¡Non pasa nada! Non te preocupes, ponte en contacto co CTGV, indicándonos o teu perfil. Xa nos encargamos nós de buscar un equipo no que encaixes.
¿Qué estudios teño que ter para acceder ó CTGV?
Máis que un título propiamente, o que buscamos son habilidades demostrables nas áreas nas que queiras traballar: programación, deseño 2 e 3D, animación, guión, música, traducción, deseño de xogo etc.
¿Teño que levar o meu equipo / PC?
Podes traelo se te sentes máis cómodo traballando, de tódolos xeitos o CTGV proporcionará o material necesario.
¿Qué equipamentos hai no CTGV para os estudios?
O centro dispón de ordenadores tanto para programación como para deseño equipados con tabletas dixitalizadoras, pantallas táctiles, etc. Ademáis temos as seguintes plataformas: PC Gaming, XBOX, Nintendo Switch, HTC VIVE, Móviles IOS e Android así como as respectivas tabletas.